Ponse en marcha a campaña Check-in Carballo

O CONCELLO DE CARBALLO, co obxectivo de revitalizar o comercio de proximidade, propón o deseño e desenvolvemento dunha estratexia baseada nunha actividade de dinamización, o CHECK IN CARBALLO, que utiliza, ademais das instalacións dos comercios situados en Carballo, app gratuítas e amplamente difundidas.
Mediante o uso desta estratexia preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:
• Incentivar a compra no pequeno comercio de Carballo
• Atraer novos Clientes- Visitantes aos comercios.
• Xerar unha maior presenza en Internet dos establecementos
• Deseño e desenvolvemento personalizado da plataforma Carballo 2.0 segundo a imaxe corporativa do Concello

O obxectivo é que os clientes- visitantes entren nos establecementos de Carballo e compartan as súas impresións co resto de posibles visitantes- clientes.

A campaña durará do 1 ao 26 de abril, e invítase a todos a participar e conseguir a maior puntuación posible durante eses días no maior número de establecementos posible e así optar a un determinado premio.

Esta dinámica baséase no uso da app móbil gratuíta Foursquare. Durante o tempo que dure o CHECK IN CARBALLO, o usuario descarga o app e cada vez que entre nun establecemento (os comercios participantes previamente tamén deben introducirse na app) debe facer un chek-in e deixar a súa impresión.

Para o usuario, Foursquare convértese nun xogo; durante ese mes, cada vez que entra nun establecemento adherido vai sumando puntos, desbloqueando medallas, chegando a ser o que máis puntos ten e tratando de conseguir o premio.

QUÉ FAREMOS?
Os obxectivos específicos do CHECK IN CARBALLO serán:

• Premiar: Aquel usuario que faga uso do establecemento e marque o chek-in máis veces e en o maior número de comercios posible, será o gañador.
• Implicar e asociar os establecementos: Cantos máis establecementos estean en Foursquare, maior será a diversión, xa que pediremos ao usuario que interactúe con varios lugares para conseguir a recompensa.
• Unha visita guiada: faremos un itinerario con varios puntos para facer chek-in a modo de ruta polos comercios participantes.

O obxectivo para o Cliente- Visitante será conseguir facer moitos chek-in nos locais adheridos e conseguir un premio.

Publicado en Uncategorized

Deja un comentario

Sígueme en Twitter